Feliz día lobiños!!!
Hoxe estamos de novo de celebración, unha data moi especial, O DÍA DO LIBRO.
É unha ocasión ideal para realizar actividades en familia. Deixamos algunha proposta, pero por suposto, todas as vosas ideas serán benvidas:
É unha ocasión ideal para realizar actividades en familia. Deixamos algunha proposta, pero por suposto, todas as vosas ideas serán benvidas:
- Cambiarlle o final a un conto coñecido por todos/as.
- Inventar un conto con diferentes personaxes coñecidas; podemos xuntar, por exemplo, aos tres porquiños con Brancaneves e imaxinar as aventuras que poderían vivir. Se queredes, podedes compartir as vosas creacións no blogue.
- Sesión de contacontos. Na rede tedes moitas opcións onde escoller, pero imos deixar un enlace á páxina dunha persoa moi especial que coñecemos e que nos encanta como fai o seu traballo. Chámase Tania e é educadora infantil e intérprete da linguaxe de signos. Esperemos que vos guste tanto coma a nós!!!! (pinchade na imaxe, enlace a Instagram)
Deixamos unha mostra do seu talento:
- Obradoiro de monicreques, cos que podedes contar os vosos contos preferidos.
- Obradoiro de marcapáxinas e separadores. Deixamos exemplos pero encantaríanos ver as vosas creacións. Ánimo artistas!!!!
** O equipo da biblioteca ten unha proposta para todos vós,na marxe dereita do blogue tedes o enlace directo, botádelle un ollo!!!
E, agora, imos co reto de hoxe, o debuxo prohibido, para traballar vocabulario, atención, fluidez...Podedes repetilo varias veces, aumentando a rapidez. Estade moi atentos para non dicir a palabra prohibida!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario