Para comezar, na primeira proposta imos traballar coa inicial do noso nome. Nunha cartolina grande escribides a vosa inicial, os peques en maiúscula e os maiores o poden facer das dúas formas. Tedes que decorar a cartolina de maneira que se relacione coa vosa letra: unha foto, unha adiviña cuxa solución comece pola vosa inicial, pegar obxectos que comecen por esa letra, pegatinas, recortes de revistas, debuxos...aqueles que o desexen poden escribir debaixo dos obxectos o seu nome e outras palabras que comecen ou leven esa letra.
Deixamos fotos para que vos fagades unha idea da proposta, animádevos a facelo que é un recordo moi bonito que lle queda aos peques.
No seguinte enlace podedes ver un conto de cada letra, buscade o voso vídeo e descubride as marabillosas aventuras que vive a vosa inicial!!!
Deixamos fotos para que vos fagades unha idea da proposta, animádevos a facelo que é un recordo moi bonito que lle queda aos peques.
Ningún comentario:
Publicar un comentario