xoves, 30 de abril de 2020

A CREAR!

  Lobiños, coma esta fin de semana vai ser longa, que vos parece se nos convertemos en cociñeiras e cociñeiros???
Imos comezar con algo moi sinxelo, tan so precisamos dous ingredientes: FROITA e a vosa imaxinación.  
Xa sabemos da importancia que ten consumila cada día , por iso, imos crear postres moi apetitosos que so con velos xa se nos faga a boca auga. Intentade crear pratos divertidos empregando so froita e, se queredes, algún elemento decorativo. Chefs, esperamos os vosos pratos!!!








Despois de facer os postres...
Os de 5 anos podedes escribir nunha folla o nome das froitas empregadas.
Os de 4 anos pedide axuda para que vos escriban o nome e completádeos coas vogais (por exemplo, M--L--N).
Os de 3 anos debuxade as froitas.

**Deixamos enlace ao canal de youtube "Cocina para niños", por se queredes practicar na casa. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario