"Nós poñemos a música, ti a voz"
Ola de novo lobiños!
Hoxe temos unha proposta moi atractiva que suxerirvos. A canción "Resistiré" converteuse nun himno na loita contra o coronavirus, foi cantada en multitude de ocasións polos nosos sanitarios e outros sectores da nosa sociedade. AGORA tócavos a vós versionala, coa axuda dos vosos pais ou irmáns facédeo como máis vos guste, cunha culler na man facendo de micro, vestidos coas vosas mellores galas( príncipes e princesas, piratas, superheroes...) e como non, sen que falten os vosos instrumentos (reais, de xoguete, feitos por vós...).
Como cremos que a actividade require de certo tempo de planificación familiar, esperamos que nos poidades ir mandando algún deses estupendos vídeos ao longo de toda a semana.
Ánimo pequenos artistas!!
Hoxe imos portarnos ben e deixarvos un reto dos sinxeliños, podedes atopar o caracol agochado?
**Lembrade que maña é día festivo e que o luns era non lectivo no noso cole, así que vémonos no blogue o vindeiro martes día 5. Pero as actividades que vaiades facendo podedes seguir enviándoas ao correo durantes estes días.
Boa fin de semana lobiños!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario