Feliz martes lobiños!!!
Un dos nosos contos preferidos é O monstro de cores, vímolo moitísimas veces na clase, pero hoxe deixamos unha versión moi especial, acorde aos tempos que estamos vivindo.
Estade atentos/as para comprobar se neste conto aparecen todas esas cores e emocións.
Amarelo: alegría
Azul: tristeza
Vermello: enfado
Negro: medo
Verde: calma
Rosa: amor
Como podedes observar, ao final do conto aparece o arco da vella, imos intentar conseguir algunha das cores mesturando outras distintas. Probade a mesturar vermello con amarelo, amarelo con azul, azul con vermello...cal é o resultado?? Todos/as a pintar!!! Esperamos as vosas respostas...
Para rematar, podedes facer un debuxo do monstro e de como vos imaxinades vós que pode ser este virus que tanto nos preocupa.
Enviádenos fotos!!!
Deixamos aquí un reto para traballar a vosa atención, cada día colgaremos un para traballar a vosa atención, agudeza visual, vocabulario...de diferentes niveis, para que teñan a oportunidade de participar tanto os peques como os maiores da casa. O de hoxe é sinxelo. Comezamos??
Ningún comentario:
Publicar un comentario