Lobiños!!
Hoxe é unha data especial, xa que celebramos o DÍA DA TERRA.
Todos/as sabemos da importancia de coidar e respectar o noso planeta. Temos falado na clase que a boa saúde da Terra depende moito de como nos comportemos con ela.
Estade moi atentos/as ao seguinte vídeo que a Terra quere dicirvos algo...
Como vemos, a importancia de reciclar é esencial para a boa saúde da nosa Terra.
Lembrades os contedores da nosa clase? Fixádevos ben, porque seguro que preto das vosas casas tamén tedes algún deles.
Propoñémosvos que busquedes en diferentes revistas ou folletos do súper , produtos variados e os coloquedes nos contedores correspondentes, podedes debuxalos ou construílos. Deixamos algunha idea...
Ademais da reciclaxe, que outras ideas se vos ocorren para coidar da nosa Terra? deixade as vosas opinións a través dalgún debuxo ou comentando nesta entrada.
Propoñemos unha serie de ideas para conmemorar este día tan importante, animádesvos a facer algunha??
*** As fotos de toda a semana que nos vaiades enviando ao correo as colgaremos durante a fin de semana. Animádevos a participar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario