martes, 28 de abril de 2020

MARTES 28 DE ABRIL DE 2020

"Queridos avós"

Bos días lobiños! Hoxe queremos dedicarlle o día aos avós, tan importantes na vosa vida (e na de todos/as), fonte de sabiduría, coidan de vós, mímanvos, transmítenvos valores e experiencias.
Para iso contamos cun conto moi especial e tenro "Abuelos". A partir del vos propoñemos que fagades un debuxo que reflexe aquelas cousas que vos gusta compartir con eles ou mesmo unha foto. A partir deses debuxos ou fotos seguro que faremos unha carta moi especial para todos eles. Non vos esquezades de envialo ao noso correo. 




Para o reto de hoxe hai que estar moi atentos, mirade os debuxos durante tres minutos e ao pasar ese tempo intentade dicir o maior número de obxectos que lembredes. Podedes facelo en familia a ver cantos obxectos lembra cada un. Ánimo!!!  


Ningún comentario:

Publicar un comentario