Lobiños, lembrades a nosa canción do abecedario? As que vos deixamos aquí non son as que cantamos na clase pero tamén nos serven para repasar.
Propoñemos unha actividade de repaso, podedes facer nunha folla diferentes solapas coas letras do abecedario. Deberedes buscar cada letra en diferentes soportes (revistas, xornais...) , recortalas ou rasgalas cos dedos e pegalas debaixo da solapa correspondente.
Os de 3 aniños poden facelo so coas vogais, os de 4 xa coñecen algunha consoante, así que poden debuxar máis solapas. Deixamos exemplo:
***No canto de poñer un debuxo, pegaredes as letras que atopedes.
Máis ideas para repasar as letras
Tamén podedes facer unha casiña con todas as letras...
Máis ideas para repasar as letras
Ningún comentario:
Publicar un comentario