mércores, 22 de abril de 2020

MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020

Feliz mércores lobiños!

    Lembrades o moito que vos gustaba ser encargados/as do día? Seguro que o botades moito de menos, pero na casa tamén podedes selo, facendo unha pequena asemblea cada día coas rutinas que xa coñecemos. 



  • Comezamos coa canción dos "Bos días" . Todos/as a cantar!!!






  • Lembramos os nomes/as dos nenos e nenas da clase. Podedes escribilos en diferentes tarxetas (coa axuda da familia quen o precise) e cada día intentar adiviñar a quen pertencen eses nomes. 



Separade as tarxetas en grupos (nenos, nenas, os que comezan ou rematan pola mesma letra, nomes curtos, nomes longos...) e contar cantos hai de cada grupo; dicir se hai máis, menos, igual...


  • Cantamos a canción dos días da semana. Podedes telos escritos en tarxetas e buscar o correspondente a cada día. 




3 e 4 anos


5 anos


  • Agora todos/as a mirar pola fiestra? que tempo vai? nunha folla de papel escribide, copiade ou repasade o día da semana e debaixo debuxade o tempo correspondente. 


E tamén podedes recitar a nosa poesía, lembrades a letra?



  • Pero unha das rutinas que máis nos gustaba era a de debuxarnos! 

Debuxádevos nunha folla con todos os elementos corporais traballados. Poñede o voso nome debaixo, os maiores escribídeo en minúscula. Podedes facer isto un día á semana para ver como van evolucionando os vosos debuxos. 
Deixamos exemplos, aínda que non nos fagan falta, os lobiños somos uns verdadeiros artistas!!! 
Lembrade sacar fotos para que vexamos as vosas obras de arte!!!





    E non esquezades axudar no posible ás vosas familias, ter almorzos saudables, facer exercicio (bailar, saltar...) , ler moitos contos e tamén contalos, lavar moi ben as mans ... ánimo pequechos!!!







O reto para hoxe é algo máis complicado. Tedes que atopar unha piruleta no medio de todos os xeados. Quen se atreve a intentalo? 




INGLÉS: 
Desde o seguinte enlace podedes acceder a unha serie de recursos que publicou a "teacher" Bea. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario