martes, 26 de maio de 2020

A PLANTAR!

Lobiños bos días! Que tal vos atopades hoxe? 
Unha das actividades que tiñamos previstas para a volta das vacacións de Semana Santa era plantar sementes e observar o proceso de crecemento das plantas. Como non puido ser, que vos parece se o facedes vós na casa e nos ensinades o resultado?

Que precisamos?
  • Un recipiente (vaso de iogur)
  • Sementes (lentellas)
  • Algodón
  • Auga 

Nun vaso de iogur limpo poñedes unha bóliña de algodón no fondo, por riba botades as lentellas e tapades de novo cun anaquiño de algodón. Unha vez feito isto regades cun pouquiño de auga. Podedes facelo cada dous ou tres días observando como van crecendo as plantas e unha vez que estean moi grandes as teredes que mudar de recipiente. 





Outra opción, podedes cambiar o vaso de iogur por unha botella de plástico cortada á metade. En vez de algodón botaremos terra, enriba as sementes que escollades e iremos regando cada día ata ver como se poñen así de grandes. 




No seguinte vídeo, nenos e nenas doutro cole cóntannos un conto no que nos explican como pode saír unha planta dunha semente tan pequena. Estade atentos/as porque vos vai dar pistas de como debedes coidar as vosas plantas. 


Dentro dunhas semanas, se queredes, mandádenos foto para ver como están de grandes as vosas plantas, lembrade que hai que coidalas moito e darlle moito cariño. Non vos esquezades de regalas...

Deixamos unha actividade para imprimir na que tedes que colorear e ordear a secuencia do crecemento da semente. Os maiores xa o traballaron na clase, os peques poden facelo con axuda, aínda que se mirades as fotos con atención seguro que o podedes facer sos. Intentádeo! 



No reto para hoxe tedes que atopar e contar cantos súperheroes hai de cada tipo. Pode ser algo complicado para os máis peques, se non podedes contalos sinalade onde se atopan, pero intentádeo que seguro que o conseguides. Sabemos que a algún lobiño vaille gustar moito esta actividade!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario