mércores, 27 de maio de 2020

PINTAMOS CON BASTONCILLOS

Moi bos días peques!!!
Como nos atopamos neste mércores tan soleado? 
Sabemos o moito que vos gusta pintar coas témperas de cores, por iso hoxe as imos empregar, pero dunha maneira moi especial, nada de pintar cos dedos, nin con pincel, nin esponxas...imos empregar unha técnica plástica moi chula, usando bastoncillos de algodón!








Ademais do divertido que resulta, vai mellorar a vosa psicomotricidade fina, desenvolvendo máis forza e presión nas vosas mans. 
Podemos facelo de dúas maneiras, empregando as láminas que vos deixamos a continuación ou de maneira libre, nunha folla pintade o que vós queirades coas cores que máis vos gusten. Estamos seguras de que van saír ideas marabillosas. 












Estamos desexando ver as vosas creacións!!!


No reto para hoxe, podes atopar un peixe no fondo deste mar cheo de animaliños? 




Ningún comentario:

Publicar un comentario