Lobiños!!!
O venres pedimos que vos converterades en pintores para recrear un cadro coa vosa cara; pois hoxe imos seguir traballando con esa parte do corpo.
Propoñemos a creación de caras divertidas. Os pasos son moi sinxelos:
- Debuxade o óvalo da cara nun papel de xornal e despois recortádeo e pegádeo nunha folla (branca ou de cores)
- Completade as diferentes partes (ollos, nariz, boca...) con debuxos de revistas, catálogos, xornais...e ides confeccionando a cara
La cara, una ficha interactiva de loferbla70
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Un dos nosos lobiños é un experto en facer unhas rimas súper divertidas!!! no reto de hoxe deixamos unhas cantas para que aprendades e esperamos que inventedes as vosas propias rimas. Enviádenos un vídeo, canto máis tolas mellor!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario