Peques!!!
Xa estamos a venres, que rápido pasou a semana...que vos parece se durante esta fin de semana nos convertemos en pintores?
Na estación de outono estivemos traballando a obra dun pintor italiano chamado Giuseppe Arcimboldo, quen se lembra? gustáballe representar as caras con elementos propios de cada estación: uvas, cabazas, froitas...
Nesta ocasión ímonos centrar na Primavera, dado que é a estación na que nos atopamos. Neste cadro representa a unha muller composta por variedade de flores.
O que vos pedimos para esta fin de semana é que vos convertades en Arcimboldo e creedes os vosos propios cadros da Primavera. Podemos repetir o que fixemos co outono, sacades unha foto vosa de perfil e a ides enchendo con flores de diferentes formas e cores. Seguro que vos quedan uns cadros espectaculares!!!!

Deixamos o debuxo do cadro en branco por se o queredes pintar e diferentes modelos de flores, aínda que se preferides podedes facelas á vosa maneira.
**As familias animádevos tamén a facer o cadro coa vosa foto!!!
**Se non tedes a opción de imprimir as fotos podedes debuxar unha cara e pegarlle as flores, seguro que queda igual de bonito.
Mentras facedes o voso cadro podedes escoitar de fondo esta marabillosa peza musical do compositor italiano A. Vivaldi, "La Primavera".
Ningún comentario:
Publicar un comentario