martes, 5 de maio de 2020

CHEGOU MAIO!!!

Lobiños!!!
Despois de todos estes días de "descanso", así, sen case darnos conta, xa estamos no mes de MAIO, o mes das flores!!!! Adiviñades a que imos dedicar hoxe o blogue??? Pois claro, ás FLORES!!!!!
 Aos lobiños encántanos a música, imos comezar cunha canción moi bonita de Rozalén, GIRASOLES. Todos a bailar!!!



   O domingo pasado, como sabedes, foi o día das mamás; que vos parece se creades unha flor moi chula e lla regalades? Deixamos ideas...















Agora imos cun experimento moi divertido, pinchade na flor e estade moi atentos á nosa compañeira Tania, despois da canción explícanos en que consiste, animádevos a intentalo e enviarnos vídeo co resultado!!!



EXPERIMENTO



Algún exemplo...






No seguinte enlace atoparedes un montón de ideas para xogar, coñecer e disfrutar das flores da natureza, pinchade no debuxo e se facedes algunha das propostas non dubidedes en compartilas con nós!

IDEAS PARA XOGAR COAS FLORES


Rematamos cun enlace a diferentes actividades escritas 




O reto de hoxe, abride ben os ollos porque temos que atopar un trevo de 4 follas, ánimo que nos vai dar sorte!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario