Ola lobiñ@s! Como estades? Esperamos e desexamos que ben.
Hoxe témosvos preparada una actividade moi suxerente e sabrosa. Que vos parece se collemos mandil e gorro de cociñeir@s e poñémonos coas mans na masa?
A seguinte idea parte dun libro que vos recomendamos a todos, La cocina de dibujos, de Hervé Tullet.
É un libro fantástico para traballar diferentes tipos de actividades de grafismo dunha maneira súper orixinal, so fai falta converterse en "chefs", poñer os nosos delantales e gorros imaxinarios e comezar "a cociñar" as receitas tan creativas que nos propón o libro.
É un libro fantástico para traballar diferentes tipos de actividades de grafismo dunha maneira súper orixinal, so fai falta converterse en "chefs", poñer os nosos delantales e gorros imaxinarios e comezar "a cociñar" as receitas tan creativas que nos propón o libro.
Para hoxe prepararemos tres pratos, un para cada clase de infantil, pero por suposto que podedes facer o menú completo. A un lado tedes as instrucións e ao outro lado a mesa preparada e lista para pintar. Tan so tedes que ir debuxando o que pon nas instrucións, seguro que vos quedan uns pratos moi apetitosos!!
1º PRATO : Delicias de garabatos (nen@s de tres anos)
2º PRATO: Ensalada rápida de círculos ( nen@s de catro anos)
3º PRATO : Sopa sen nome ( nen@s de cinco anos)
1º PRATO
DELICIAS DE GARABATOS
BON APPÉTIT!!!!
Para o reto de hoxe precisades tesoiras e pegamento, tedes que recortar as diferentes partes e formar os animais. Os peques pedide que vos axuden a recortar e despois pegades nunha folla de papel.
Rematamos esta semana cun vídeo no que podedes ver o conto "Un libro", do mesmo autor da actividade de hoxe, Hervé Tullet. Este conto o temos na clase e gústanos moito, lembrade ir facendo o que nos piden, que o disfrutedes!!!
FELIZ FIN DE SEMANA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario