Nestes días tivemos moitos oficios: fomos pintores, xardiñeiros...hoxe toca converterse en...científicos!!!
Temos algo sorprendente que propoñervos, converter un ovo cru nunha pelota de goma saltarina...aínda que pareza mentira, si se pode!!!
Que precisamos?
- Un ovo cru
- Un bote de cristal con tapa
- Unha botella de vinagre
- 48 horas de paciente espera
IMOS MANS Á OBRA
1º paso: metede o ovo no recipiente.
2º paso: cubrídeo totalmente con vinagre. Outra opción sería botarlle colorante alimenticio líquido, de cores, para que quede máis vistoso, pero non sería necesario.
3º paso: pecha o recipiente.
4º paso: espera 48 horas. Ao ser un recipiente transparente, poderás ver como o vinagre vai actuando sobre a casca do ovo.
5º paso: pasadas as 48 horas, podedes sacar o ovo do recipiente e con coidado lavalo con auga; veredes que o ovo xa non ten casca; é máis grande do que era antes de introducilo no vinagre; podedes tocalo e ver como se converteu en goma, incluso o podedes facer saltar, despacio e desde unha altura moi pequena, para que non se rompa (dentro o ovo seguirá sendo líquido). Se o fixestes con colorante tede tamén moito coidado porque vai manchar a superficie na que o fagades rebotar.
No seguinte vídeo podedes ver cal sería o resultado...
**Tede moita paciencia porque hai que esperar aínda dous días para ver os resultados do experimento, durante a fin de semana xa poderedes xogar co voso "ovo saltarín"!!!
Lembrade mandar foto ou vídeo, queremos ver como traballan os nosos "pequecientíficos"!!!
E xa que estamos con este tema, deixamos unhas actividades para facer on line cuxos protagonistas son...os ovos!!
La gallina turureca, una ficha interactiva de MANYGAEDU
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Contamos huevos de Pascua, una ficha interactiva de mangelesa
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Huevos de dragón, una ficha interactiva de isanam74
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Gallinas y huevos, una ficha interactiva de MANYGAEDU
liveworksheets.com
E o reto para hoxe sabedes de que vai? Pois claro!!! tedes que atopar o ovo perdido...
liveworksheets.com
E o reto para hoxe sabedes de que vai? Pois claro!!! tedes que atopar o ovo perdido...
Ningún comentario:
Publicar un comentario