luns, 11 de maio de 2020

FELIZ LUNS LOBIÑOS!!!

   Peques!!!
Hoxe imos lembrar un dos materiais da aula, os bloques lóxicos, un material ideal para traballar as formas, as cores, os tamaños...
O material está composto polas seguintes formas: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo.
Cada unha desas formas ten unha cor (amarelo, vermello, azul); un tamaño (grande, pequeno) e un grosor (groso, delgado). 
Se non contades con este material na casa, podedes construílo de maneira sinxela, con folios de cores, cartóns, cartolinas ou pintado por vós. 




Unha vez que teñades as pezas podedes realizar multitude de actividades con elas:

  • Agrupalas por formas, cores, tamaño...


  • Realizar diferentes series


  • Construír camiños cos bloques e percorrelos dicindo o seus nomes o máis rápido posible



  • Facer tarxetas dos diferentes atributos e buscar a figura que corresponda. Falar antes sobre o que significan esas tarxetas



Deixamos exemplos de tarxetas pero podedes crear moitas outras



  • Pistas en negativo: adiviñar nun grupo a que peza se refiren as pistas, e ir retirando as que non cumpran ese atributo: non é azul (quitamos as azuis), non é pequena (deixamos as grandes)...


  • Repasar as siluetas en follas de papel






  • Facer figuras concéntricas



  • Crear tarxetas con diferentes formas e recrealas coas pezas





Como vedes, hai moitísimas opcións para darlle uso a este material. Ocórresevos algunha idea máis? non dubidedes en compartila con nós!!!




Deixamos enlace a unha canción moi marchosa para aprender as diferentes figuras. Todos/as a bailar!!!!




E agora, imos co reto de hoxe, entre todos estes gatos quen é capaz de atopar ao moucho?





Ningún comentario:

Publicar un comentario