Esta semana no cole teríamos preparadas unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. 
Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, e o seu conto "As pitas baixo a choiva". 
Propoñemos para infantil que fagades un debuxo no que se vexa ben o título do conto, entre todos os debuxos recibidos escolleremos un que será a portada dun vídeo moi chulo que están a preparar o Equipo de Dinamización da lingua galega do centro. 
Animádevos a participar!!!
Deixamos enlace ao conto na versión para ler
E, a continuación, unha serie de actividades escritas elaboradas pola Coordenadora de Equipas de Coordinación Lingüística de Ferrolterra e Seminario Galán, dende o blogue moitas grazas por compartilas
Máis actividades
Finalizamos cun enlace a un xogo moi chulo relacionado co tema, está máis pensado para nenos e nenas de primaria pero podedes xogar en familia. Pinchade na imaxe

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario