martes, 12 de maio de 2020

LEO CO CORPO

Bos días pequechos!

   Hoxe temos unha actividade moi divertida que propoñervos, ler co corpo, deste modo traballaremos a memoria, a asociación e o ritmo.
   Para o desenvolvemento da actividade presentarémosvos unha lámina con distintos símbolos aos que lle adxudicaremos distintas accións:

  • CADRADO: levantamos os brazos
  • TRIÁNGULO: pataleamos cos pés
  • LÚA: quedamos en silencio

Todos/as a ler!!!!




Deixamos enlace a un xogo de percusión corporal, para que sigades practicando. Prestade moita atención que hai que ir aumentando a velocidade. 


    Para os nen@s de cinco anos temos algo máis complicado, escoito e respondo coas mans, atrevédesvos? Con esta actividade tamén traballaremos a atención, a memoria e a segmentación de palabras en sílabas. Os de 4 anos tamén o poden intentar. 

   Papá/mamá irá dicindo con voz clara as palabras propostas na lámina e vós responderedes do seguinte xeito:

  • palabras de 1 sílaba: damos co puño na mesa
  • palabras de 2 sílabas: damos dúas palmadas
  • palabras de 3 ou máis sílabas: picamos co dedo índice tres veces na mesa
Estade súper atentos!!!





**Os nenos/as da clase de cinco anos podedes intentar escribir esas palabriñas en minúscula.


Imos co reto de hoxe, na imaxe hai un montón de obxectos que podemos atopar pola clase, todos xuntos e revoltos, intentade atopar canto antes os que aparecen na parte inferior da imaxe. Comezamos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario