mércores, 6 de maio de 2020

MÉRCORES 6 DE MAIO DE 2020

Peques!!! 
    
Hoxe imos practicar unha técnica de relaxación oriental, imos pintar mandalas!!!! Cada un vaino facer como máis lle guste, utilizando as vosas cores preferidas. 
Deixamos enlace a un caderno de mandalas, aínda que tamén as podedes debuxar vós nunha folla, á vosa maneira: 


   
    Se vos gustou colorear mandalas agora propoñemos algo moi divertido, que vos parece se as creamos con elementos naturais? É unha actividade que podedes realizar coa vosa familia utilizando todos aqueles elementos que teñades pola casa. Un truco, comezade desde o centro e continuade cara fóra. 






Pinchade no seguinte vídeo para ver como nenos e nenas doutro cole crean a súa propia mandala.





E agora, quen se anima a ensinarnos a súa creación??

O reto que temos hoxe é moi sinxelo, temos que atopar ao animal intruso. Colouse no medio dos peixes, podedes atopalo?






Ningún comentario:

Publicar un comentario