Bos días lobiños!!
Que tal vos atopades hoxe? se tedes un ratiño libre deixámosvos unha proposta moi divertida. Propoñemos para o día de hoxe que fagades un obradoiro de grafismo con toda a familia. Vainos permitir traballar moitísimas cousas: formas, cores, liñas... empregando diferentes cores: ceras, rotuladores, témpera...o que teñades pola casa.
Entre outros, no blogue La clase de Miren atopamos unha chea de ideas relacionadas con este tema.
Comezamos?
- Camiños de coches
Debuxade un punto ben grande no centro da folla e arredor puntiños máis pequenos, as cores van ser coches que saen do punto central e teñen que percorrer todo o folio sen tocar aos puntos pequenos, que serán os peatóns.
- Mans divertidas
Debuxade a silueta das vosas mans nunha folla e enchédeas con diferentes grafías, círculos, raias horizontais/verticais, cruces...
Outra opción
- Partir dunha figura central e trazar liñas de cores ata os extremos do folio
- Un pouquiño de cada
Dividimos a folla en 4 partes e en cada unha delas debuxamos diferentes trazos
- Máis ideas
**Na marxe esquerda do blogue podedes atopar un apartado de grafo, se vos apetece practicar.
No reto de hoxe tedes que atopar unha serpe e unha tartaruga, cada animal está nunha foto pero para complicalo un pouquiño máis non vos diremos onde está cada un. Seguro que o atopades sen a nosa axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario