NA DIVERSIDADE ESTÁ A RIQUEZA!!
Ola lobiños! Hoxe temos tres preguntas que facervos...
- Como deben ser os lobos?
- Os lobos so poden ser malos?
- Un lobiño non pode aspirar a nada máis que a ouvear á lúa, derribar casas soprando ou comerse avoíñas?
Tod@s somos únicos e irrepetibles ao igual que sucede co lobiño do conto, que en lugar de tratarse dun lobo malo e feroz, resulta ser un lobo tenro, bo e simpático. Non temos que intentar parecernos a ninguén máis que a nós mesmos, xa somos suficientemente espectaculares!!!
Depois de ver o conto propoñémosvos facer un debuxo ou que nos mandedes unha fotografía mostrándonos de que maneira colaborades e axudades na vosa casa. Con todas elas faremos un caderno de boas condutas. Ánimo, Bos Lobiñ@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario