luns, 8 de xuño de 2020

PROPOSTA 1

Para a primeira proposta de hoxe imos presentar un conto que ten como protagonistas as figuras xeométricas. Chámase Por cuatro esquinitas de nada , e con el podemos traballar valores como a aceptación, a superación e a autoestima, ademais de traballar conceptos matemáticos. Estamos seguras de que vos vai encantar!!! 

Deixamos tres versións do conto, dúas en vídeo e a versión para ler







Que vos parece se pensades algunha outra solución para que o cadrado poida entrar na casa e a compartides con nós? seguro que se vos ocorren ideas moi interesantes. 

E, por suposto, a medida que ides vendo o conto nomeade e diferenciade as diferentes figuras xeométricas. Podedes facer os círculos e os cadrados e preparar unha cartolina cun círculo que vai simular a casa grande. 








Podedes aproveitar este material mentres ledes o conto; os lobiños ide realizando o que acontece na historia. 




Manualidade: empregade diferentes obxectos que teñades pola casa e mollados en témpera facer o voso mural de "cadradiños" e "redondiños". 




E, para finalizar, deixamos unha serie de actividades interactivas de diferentes niveis de dificultade relacionadas co conto






Ningún comentario:

Publicar un comentario