XIRA MUÍÑO DE VENTO!!!!!
Lobiños!!! coma segunda proposta temos unha actividade ideal para esta época, un muíño de vento que vós mesmos podedes facer. Xirará e xirará sen cesar e lembrade que se non fai vento sempre podedes soprar vós, acción motivante e terapéutica para @s peques.
Esta manualidade poderá ter múltiples funcións, para que xoguen os pequechos ou senón como elemento decorativo, poñéndoo no balcón da casa ou na fiestra.
Neste vídeo podedes ver os pasos para facer o muíño
Pasiño a pasiño...(outra forma de facelo)
- Debuxar nunha cartolina un cadrado de 15 cm de lado.
- Recortar o cadrado e trazar unha liña, coa axuda dunha regra, as dúas diagonais, ata a metade.
- Cortar as catro diagonais polas liñas xa trazadas, sen chegar ao centro.
- Das oito puntas que agora ten o cadrado, hai que xuntar catro puntas no centro do cadrado, pegándoas con cola branca ao centro. Pinchar no centro co alfinete e, por detrás, fixalo coa palliña, poñendo no medio un botón para que poida xirar libremente. Colocar unha goma de borrar na punta do alfinete para evitar pincharse.
- Muíño listo para saír a voar!!!
Ideas para facer cos muíños de papel
con goma eva |
Ningún comentario:
Publicar un comentario