A MOLLARSE!!!!
Hoxe queremos preguntarvos...a quen de vós lle gusta a auga e mollarse??? claro que si, a nós tamén nos encanta!!!! e como xa queda moi pouquiño para que chegue o verán, queremos propoñer unha serie de xogos moi divertidos, iso si, tedes que ter ganas de divertirvos e mollarvos e sitio para facelo!!!
Deixamos algunhas ideas...
Piñata de globos
Atade globos cheos de auga e golpealos coma se foran piñatas, xa veredes que divertido!!!
Ducha de auga fría
Podemos ter a nosa propia ducha cunha sinxela botella de plástico. Os peques poden correr debaixo, refrescarse e divertirse.
Pasa a auga
Enchemos vasos de auga, facemos unha fila e pasamos o vaso ao compañeiro/a de atrás por enriba da nosa cabeza.
Pintar con pistolas de auga
Unimos pistola de auga, auga e pintura. Enchemos a pistola de témpera líquida diluida e papel apropiado para que absorba a pintura, o demais xa queda na imaxinación de cada peque.
Pompóns conxelados
Se tedes unha cubitera de xeos metede pompóns de cores e botade auga. Sacalos do conxelador cando estean conxelados e os peques verán que os pompóns están atrapados. Poderán diferenciar cores, contar cantos hai en cada xeo, facer construcións moi orixinais e esperar a que se desfagan para recuperalos.
Pesca cos pés
Empregamos dous recipientes, un con agua e outro baleiro. No que ten auga botamos pelotas de plástico, sentados nunha silla intentamos sacar as pelotas cos pés.
Atrapa o tapón
Complicamos un pouco máis a pesca, agora hai que facelo con dous "palillos". Podedes usar tapóns ou calquera obxecto que poida ser pescado, e tamén empregar para encher os recipientes xeos derritidos tinguidos de cores previamente (con colorante alimenticio).
No seguinte vídeo tedes un montón de ideas máis...a disfrutar lobiños!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario