luns, 18 de maio de 2020

A QUE SABE A LÚA?

Lobiños!!! xa estamos a luns!!! preparados/as para comezar outra semana? 
Antes de nada, deixamos algúns dos traballiños que recibimos estes días...

Mirade o ben que traballan os nosos peques, Izan, Lucas e Brandon




Aquí temos os "bechos raros" de Izan, Greta, Brandon e Iago, encántannos!!!





Os corazóns para o Día da familia de Lucía, Iago e Izan ...





E, finalmente, as maracas de Izan, Iago e Lucía
 Iago!!! estás feito un artista, precisamos máis vídeos coma este!!!😃😃😃








Xoel e Izan tamén traballaron moito esta semana!!!










GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR E POLOS VOSOS TRABALLOS E VÍDEOS TAN CHULOS, NORABOA LOBIÑOS!!!

Imos xa coa proposta para hoxe, sabemos que vos vai gustar, xa que imos traballar cun dos nosos contos preferidos, A que sabe a lúa?

Se algún o ten na casa mandádenos foto con el e para os que non o coñezan aquí o deixamos, xa veredes que conto tan chulo. Aos lobiños encántanos!!!!




Despois de ver o conto, queredes mandarnos un vídeo? contádenos a que vos sabería a vós a lúa, as familias tamén poden participar. 

Deixamos esta actividade LIM tan divertida. Tan so tedes que pinchar na imaxe e xa vos leva ao enlace, podedes escoitar de novo o conto e tamén ten un montón de xogos divertidos. Que o pasedes moi ben!!!




E, para rematar, unha serie de manualidades relacionadas co conto
  • Imitar ao animal

Creade un dado cos animais do conto, tiralo e tedes que imitar a ese animal. Tamén podedes facelo sen que os demais vexan que animal saiu e teñan que adiviñalo. 



  • Animais estampados

Esta actividade xa a fixemos a semana pasada, pero por se queredes repetir podedes pintar as mans con témpera e recrear aos animais do conto.





  • Mural do conto

Podedes facer o voso propio mural e ir pegando os animais tal e como saen no conto, e mesmo contarlle vós o conto á vosa familia.




















Para o reto de hoxe abride ben os ollos, entre todas estas cariñas sorintes tedes que atopar ao Señor Triste, preparados?




Ningún comentario:

Publicar un comentario