Lobiños, bos días!!!
Que tal vos levantastedes hoxe?? esperamos que esteades todos/as súper ben e con ganas de facer a proposta de hoxe.
Imos traballar cos números, empregando todos aqueles obxectos que teñades pola casa: caixas de ovos, rolos de papel, pinzas, botóns... con todos eles podemos traballar moitísimas cousas: o conteo, agrupar, serie numérica...
Imos dar algunha idea pero tamén podedes inventar os vosos propios xogos que é moito máis divertido!!!
Deixamos unhas fichas interactivas para que poidades facer no blogue. Ao rematar a ficha pinchade en "TERMINADO" e despois en comprobar resposta, daravos o número de acertos. Podedes intentalo cantas veces queirades.
No blogue La clase de Miren atopamos un xogo "on line" moi interesante para traballar diferentes conceptos (números, series, formas...). Ademais, tedes tres niveis diferentes nos que se aumenta a dificultade. Pinchade no debuxo e ... a practicar xogando!!
Hoxe deixamos como reto unha actividade moi divertida, imos soprar!!! collede palliñas, pelotas pequenas, bóliñas de papel de prata enrugadas...e a xogar en familia, a ver quen sopra máis forte!!!
Series, una ficha interactiva de Vanesa_infantil
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Sumas, una ficha interactiva de profesoreshostos
Números vecinos, una ficha interactiva de loli_sanchez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No blogue La clase de Miren atopamos un xogo "on line" moi interesante para traballar diferentes conceptos (números, series, formas...). Ademais, tedes tres niveis diferentes nos que se aumenta a dificultade. Pinchade no debuxo e ... a practicar xogando!!
Hoxe deixamos como reto unha actividade moi divertida, imos soprar!!! collede palliñas, pelotas pequenas, bóliñas de papel de prata enrugadas...e a xogar en familia, a ver quen sopra máis forte!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario