Peques!!!
Hoxe temos que celebrar unha data moi especial, o DÍA DA FAMILIA. Xa sabemos que a familia é o maior tesouro da nosa vida, sempre están para axudarnos, tanto nos bos como nos malos momentos; para sacarnos un sorriso, para abrazarnos...aínda que sexa de maneira virtual. Por iso, queremos dedicarlle este día a todas as nosas familias para amosarlle o moitísimo que as queremos e necesitamos.
Comezamos cunha canción moi emotiva da peli "Coco", oxalá vos guste!!!
No seguinte vídeo podedes ver o conto "O libro da familia", un conto moi emotivo no que se nos amosa que non todas as familias son iguais á nosa, existen moitísimos tipos de familia e todas son igual de importantes e necesarias. Despois de ver o conto, e escoitar a marabillosa canción de fondo, deixamos unha copia en branco e negro para que poidades colorear e ter o voso propio "Libro da familia".
Para rematar propoñemos unha manualidade para que fagades en familia, un "corazón familiar".
Materiais
- Lámina branca
- Pintura de dedos de cores
- Lapis
- Os polgares dos membros da familia
Pasiño a pasiño...
- Debuxade un trazo fino o contorno dun corazón sobre a folla branca
- Todos os integrantes da familia mollade os polgares na pintura, cada familiar dunha cor diferente
- Ide enchendo o corazón coas pegadas
- Na parte inferior, se queredes, engadide a pegada de cada un coa súa cor correspondente e o nome da persoa a quen pertence
E xa tedes listo o voso corazón familiar!!!
No reto de hoxe contamos cunha familia de xirafas, fixádevos ben porque hai unha que non ten parella. Podedes atopala?
FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS!!!!
Boa fin de semana!!!!
Boa fin de semana!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario