xoves, 14 de maio de 2020

UN BECHO ESTRAÑO

Ola lobiños!!! 
Hoxe traémosvos un conto moi especial e divertido, tedes que estar moi atentos á canción e ás imaxes e adiviñar de que animal se trata.

     Despois de escoitalo e cantalo, intentade facer o voso propio "becho estraño" empregando plastilina, pasta para modelar...o que teñades pola casa. Seguro que sairán uns bechos moi simpáticos!!!!


 MANS Á OBRA NOS@S PEQUECH@S!!





  Para aqueles que non teñades "plasti" pola casa podedes facela vós mesmos/as, é unha actividade moi divertida que seguro que vos gusta. 
É moi sinxela e rápida de facer, e, en menos de 10 minutos, estará lista para utilizar.




Imos coa receita?
Ingredientes

  • 2 tazas de fariña
  • Media taza de sal fina
  • Media taza de "maizena"
  • 2 culleres de aceite vexetal
  • 2 culleres de zume de limón
  • 1 taza de auga fervendo
  • Colorante alimenticio líquido


Instrucións
1. Xuntamos a fariña, "maizena", sal, zume de limón e aceite nun recipiente. Fervemos auga e engadimos. Remover e deixar enfriar un ratiño para que non vos queimedes. Amasar ben ata conseguir unha masa uniforme e sen grumos. 




2. Separade a masa en bólas. Cada unha delas corresponderá cunha cor. Engadir unhas gotas de colorante a cada bóla e mezclar ata que sexa uniforme. Podedes ir botando máis colorante se queredes unha cor de maior intensidade. 







Listo!!!! xa tedes a vosa "plasti" preparada, agora a usala para facer eses bechos tan estraños!!!


No reto de hoxe imos intentar atopar diferenzas entre dous debuxos. Deixamos dúas opcións, unha sinxela e outra un pouquiño máis complicada. Se non as atopedes, deixade comentario nesta entrada e maña publicamos a solución. 

8 diferenzas


10 diferenzas


**non esquezades enviarnos o voso debuxo de As pitas baixo a choiva, de entre todos eles escolleremos a portada para un vídeo moi especial que están a crear todos os nenos/as da escola. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario