xoves, 21 de maio de 2020

O POLO PEPE

Ola lobiños!! Feliz xoves a todos/as!!!
Hoxe traemos unha sorpresa moi especial. Veu de visita o noso amigo o Polo Pepe, quen se lembra del? veu para pedirnos que non o esquezades, que nos está a esperar na clase cando voltemos, pero para iso tedes que axudalo a cantar esa canción que moitos de vós xa coñecedes.
  Veña!! Seguro que o pasades xenial cantando e bailando con el, enseñaravos a súa barriga inchada, o seu enorme pico, as súas grandes patas e a súa enoooorme mamá!!!






Que vos parece se facemos agora o noso Polo Pepe? 
Que necesitamos? 
  • Un globo de cor amarela
  • Cartolina amarela para as ás
  • Cartolina laranxa para as patas e o pico
  • Area para facer a barriguiña do polo
  • Rotulador negro para os ollos
 É moi sinxelo. Esperamos ver os vosos poliños que seguro vos quedarán preciosos!!! 






Deixamos unha ficha interactiva do conto para facer aquí mesmo, tan so tedes que arrastrar as palabras e os debuxos correspondentes, os peques dicide que palabra vai en cada liña e pedide axuda para que vos indiquen cal é. 




E, aquí tedes ao Polo Pepe para colorear e escribir o seu nome




Hoxe imos cambiar un chisquiño o reto do día. Vai ser un reto musical cunha canción que penso que coñecedes, "El pollito pio". O reto consiste en cantar a canción así de rápido coma no vídeo, quen se anima a intentalo? en calquera caso disfrutade da canción e ... a bailar!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario