Ola pequechos!!
Hoxe témosvos un vídeo moi especial, El puente, esperamos que vos guste, estade moi atentos a todo o que ocorre para poder reflexalo na seguinte actividade.
Pista, pistiña, tratade de ser creativos na vosa proposta para resolver o conflito que aparece no vídeo.
Ánimo!!! sabemos que sodes uns/unhas bos/boas lobiñ@s!!
HISTORIA DE DOUS BURROS
Aquí vos presentamos un debuxo, intentade explicar que ocorre, cal pensades que poder ser o conflito, como fixeron para solucionalo, que outras opcións terían para darlle solución...
Despois disto podedes debuxar algunha situación conflitiva que se vos ocorra e propoñer a solución que vós lle daríades ao problema.
Seguro que se vos ocorren un montón de ideas, queredes compartilas con nós????
**Os máis peques tamén poden probar a facer esta actividade, é incrible ver na clase como son capaces de reflexionar sobre como hai que tratar aos amigos/as e sobre como deben resolverse os problemas, seguro que nos van sorprender coas súas solucións!!!
**tamén podedes facer un debuxo da curta do vídeo e repasar/copiar/escribir o título.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Deixamos o conto "As pitas baixo a choiva" feito cos debuxos dos nenos e nenas do cole. Algún dos nos@s peques recoñece o seu debuxo???Esperemos que vos guste tanto como a nós!!!
**Se abrides o conto co Internet Explorer escoitaredes unha música moi chula...
E imos co reto de hoxe, de novo temos que atopar as diferenzas entre dous debuxos. Preparados?
4 diferenzas
9 diferenzas
Ningún comentario:
Publicar un comentario