luns, 8 de xuño de 2020

PROPOSTA 1

Para a primeira proposta de hoxe imos presentar un conto que ten como protagonistas as figuras xeométricas. Chámase Por cuatro esquinitas de nada , e con el podemos traballar valores como a aceptación, a superación e a autoestima, ademais de traballar conceptos matemáticos. Estamos seguras de que vos vai encantar!!! 

Deixamos tres versións do conto, dúas en vídeo e a versión para ler







Que vos parece se pensades algunha outra solución para que o cadrado poida entrar na casa e a compartides con nós? seguro que se vos ocorren ideas moi interesantes. 

E, por suposto, a medida que ides vendo o conto nomeade e diferenciade as diferentes figuras xeométricas. Podedes facer os círculos e os cadrados e preparar unha cartolina cun círculo que vai simular a casa grande. 








Podedes aproveitar este material mentres ledes o conto; os lobiños ide realizando o que acontece na historia. 




Manualidade: empregade diferentes obxectos que teñades pola casa e mollados en témpera facer o voso mural de "cadradiños" e "redondiños". 




E, para finalizar, deixamos unha serie de actividades interactivas de diferentes niveis de dificultade relacionadas co conto






PROPOSTA 2

XIRA MUÍÑO DE VENTO!!!!!

  Lobiños!!! coma segunda proposta temos unha  actividade ideal para esta época, un muíño de vento que vós mesmos podedes facer. Xirará e xirará sen cesar e lembrade que se non fai vento sempre podedes soprar vós, acción motivante e terapéutica para @s peques.  
Esta manualidade poderá ter múltiples funcións, para que xoguen os pequechos ou senón como elemento decorativo, poñéndoo no balcón da casa ou na fiestra.


Neste vídeo podedes ver os pasos para facer o muíño





Pasiño a pasiño...(outra forma de facelo)

  • Debuxar nunha cartolina un cadrado de 15 cm de lado.



  • Recortar o cadrado e trazar unha liña, coa axuda dunha regra, as dúas diagonais, ata a metade.


  • Cortar as catro diagonais polas liñas xa trazadas, sen chegar ao centro.


  • Das oito puntas que agora ten o cadrado, hai que xuntar catro puntas no centro do cadrado, pegándoas con cola branca ao centro. Pinchar no centro co alfinete e, por detrás, fixalo coa palliña, poñendo no medio un botón para que poida xirar libremente. Colocar unha goma de borrar na punta do alfinete para evitar pincharse. 


  • Muíño listo para saír a voar!!!


Ideas para facer cos muíños de papel




con goma eva






PROPOSTA 3

A MOLLARSE!!!!

Hoxe queremos preguntarvos...a quen de vós lle gusta a auga e mollarse??? claro que si, a nós tamén nos encanta!!!! e como xa queda moi pouquiño para que chegue o verán, queremos propoñer unha serie de xogos moi divertidos, iso si, tedes que ter ganas de divertirvos e mollarvos e sitio para facelo!!!

Deixamos algunhas ideas...

Piñata de globos
Atade globos cheos de auga e golpealos coma se foran piñatas, xa veredes que divertido!!!



Ducha de auga fría
Podemos ter a nosa propia ducha cunha sinxela botella de plástico. Os peques poden correr debaixo, refrescarse e divertirse. 


Pasa a auga
Enchemos vasos de auga, facemos unha fila e pasamos o vaso ao compañeiro/a de atrás por enriba da nosa cabeza. 


Pintar con pistolas de auga
Unimos pistola de auga, auga e pintura. Enchemos a pistola de témpera líquida diluida e papel apropiado para que absorba a pintura, o demais xa queda na imaxinación de cada peque. 



Pompóns conxelados
Se tedes unha cubitera de xeos metede pompóns de cores e botade auga. Sacalos do conxelador cando estean conxelados e os peques verán que os pompóns están atrapados. Poderán diferenciar cores, contar cantos hai en cada xeo, facer construcións moi orixinais e esperar a que se desfagan para recuperalos. 



Pesca cos pés
Empregamos dous recipientes, un con agua e outro baleiro. No que ten auga botamos pelotas de plástico, sentados nunha silla intentamos sacar as pelotas cos pés. 


Atrapa o tapón
Complicamos un pouco máis a pesca, agora hai que facelo con dous "palillos". Podedes usar tapóns ou calquera obxecto que poida ser pescado, e tamén empregar para encher os recipientes xeos derritidos tinguidos de cores previamente (con colorante alimenticio). 




No seguinte vídeo tedes un montón de ideas máis...a disfrutar lobiños!!!



luns, 1 de xuño de 2020

FELIZ LUNS

Ola lobiños!!!
Xa estamos a luns, que tal foi a fin de semana? tan so quedan tres semanas para rematar o cole, queríamos poder estar con vós ao finalizar pero xa sabedes que este ano non podemos despedirnos como nos gustaría.
Como xa quedan moi pouquiños días e sabemos que o que máis vos apetece nestes momentos é saír, pasear, estar fóra da casa...imos cambiar un pouco a rutina do blogue. Non imos propoñer unha actividade cada día, senón que durante estas tres semanas os luns publicaremos tres propostas que podedes ir facendo ao longo da semana, cando vós queirades. Aínda así, estaremos pendentes diariamente do correo para todo o que precisedes. E seguimos esperando con ilusión a chegada das vosas fotos e vídeos. 
Antes de ir coas propostas desta semana imos ver que traballiños máis chulos fixestes estes días...










Mateo e Iago ensináronnos que o experimento do "ovo saltarín" si funciona!!!polo menos durante un tempo :)







Izan fíxonos unha rima moi divertida!!!



E Iago xa nos amosou como van medrando as súas lentellas, teñen moi boa pinta!!!!



MOITAS GRAZAS A TODOS/AS, SODES @S MELLORES!!!!!

PROPOSTA 1

Para comezar, na primeira proposta imos traballar coa inicial do noso nome. Nunha cartolina grande escribides a vosa inicial, os peques en maiúscula e os maiores o poden facer das dúas formas. Tedes que decorar a cartolina de maneira que se relacione coa vosa letra: unha foto, unha adiviña cuxa solución comece pola vosa inicial, pegar obxectos que comecen por esa letra, pegatinas, recortes de revistas, debuxos...aqueles que o desexen poden escribir debaixo dos obxectos o seu nome e outras palabras que comecen ou leven esa letra.
Deixamos fotos para que vos fagades unha idea da proposta, animádevos a facelo que é un recordo moi bonito que lle queda aos peques. 










No seguinte enlace podedes ver un conto de cada letra, buscade o voso vídeo e descubride as marabillosas aventuras que vive a vosa inicial!!!



PROPOSTA 2

Peques, hoxe veu alguén moi entrañable a facervos unha pequena visita, o elefante Elmer!!! Elmer é un elefante de cores, é distinto aos demais elefantes. Aínda que pareza difícil de crer, é un elefante de mil cores: verde, azul, branco, rosa, amarelo... Impresionante, verdade? Pero ten outra peculiaridade, a Elmer encántalle facer felices aos demais.
Este conto ensina valores tan importantes como son a amizade e o respeto polas diferenzas e a diversidade. 


TODOS SOMOS DISTINTOS, TODOS SOMOS IGUAIS 



Que vos parece se cada un de vós di algunha característica persoal que o faga sentir especial e diferente aos demais? Podedes enviarnos un vídeo de poucos segundos, escribilo nunha folla ou debuxalo. 


Deixámosvos este enlace coa versión do conto para ler.


Publish at Calameo

Agora, toca darlle cor ao voso Elmer, pintádeo coas cores que máis vos gusten. 




Deixamos unhas actividades interactivas coas que podedes traballar o conto de maneira on line



Los Colores de Elmer, una ficha interactiva de aprendeyjuega
liveworksheets.com



POR ÚLTIMO, AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN DE ELMER, TODOS A CANTAR!!!



PROPOSTA 3

Para finalizar, propoñemos unha actividade para traballar a vosa motricidade fina e creatividade. 
Imos facer composicións en 3D, animádesvos? 
O material a utilizar é moi sinxelo:
  • folios de cores, revistas, catálogos...
  • tesoiras e pegamento
Tedes que recortar tiras de papel de diferentes tamaños e as ides pegando polos extremos nun folio para crear as vosas composicións, xa veredes que chulo vos queda!!!


Outra opción, empregando as tiras de cores podedes facer outro tipo de composicións: animais, arcos da vella...deixamos ideas...